Data de emisión: 18 xaneiro 2021

Turismo. Balnearios

CONSULTAR TARIFAS

Turismo. Balnearios

Historia

TURISMO.

Cada ano Correos dedica dous selos ao turismo de España. O ano 2020 foi especialmente duro para este sector, debido á situación de emerxencia sanitaria provocada pola pandemia mundial do COVID 19. O turismo é, quizais o sector máis afectado por esta crise.

Ata que este virus chegou, o turismo supoñía o 15 % do PIB no noso país.

Pero se de algo pode presumir España é dos seus recursos neste sector, que fan del un dos destinos turísticos preferidos polos cidadáns de calquera lugar do mundo.

E é por iso polo que dende Correos, un ano máis, emitimos dous selos cos que resaltar dous sectores punteiros do turismo do noso país.

Por un lado o turismo de balneario. O termalismo remóntase a hai máis de 2.000 anos cando os Romanos xa sabían dos beneficios da auga que a empregaban para combater enfermidades e cultivar o benestar e a beleza persoal. En España, hai máis de 100 balnearios.

O selo dedicado aos balnearios recolle unha imaxe que transmite a paz e tranquilidade que se vive nestes lugares. Aromas, auga e delicadeza quedan representados neste bodegón de xabóns de Marsella, lavanda, chorros de auga ou toallas de algodón.

O turismo  enolóxico converteuse nun grande atractivo para o turista estranxeiro e nacional. As adegas españolas renováronse ofrecendo estancias xunto con visitas guiadas ás súas entrañas así como catas dos mellores caldos nacionais. Non debemos esquecer que os viños españois son os mellores do mundo. 

Este selo recolle de xeito excelente a experiencia dunha viaxe enolóxica: os amplos viñedos, a uva, a folla de parra e unha botella de viño botando o seu contido nunha copa.

Este ano máis que nunca, Correos está ao carón do turismo de España.