Data de emisión: 02 abril 2021

Valores cívicos. - 2021. Bancos de Alimentos de España. XXV Congreso FESBAL

CONSULTAR TARIFAS

Valores cívicos. - 2021. Bancos de Alimentos de España. XXV Congreso FESBAL

Historia

VALORES CÍVICOS. BANCO DE ALIMENTOS DE ESPAÑA. XXV CONGRESO FESBAL

Os valores cívicos son o conxunto de condutas que se consideran positivas para o desenvolvemento da sociedade.

Os valores cívicos deben ser transmitidos a través das xeracións para que o desenvolvemento da sociedade sexa continuo, positivo e para que non se perdan ou esquezan no tempo.

Nesta liña, Correos emite un selo, un ano máis, dentro da serie Valores Cívicos, nesta ocasión dedicado ao Banco de Alimentos de España.

O obxectivo principal dos Bancos de Alimentos é recuperar excedentes en perfectas condicións para o seu consumo e redistribuílos gratuitamente a través de entidades benéficas ás persoas máis desfavorecidas.

Deste xeito conséguese dar un bo uso aos alimentos, evitando o desperdicio e, sobre todo, cubrindo as necesidades básicas daquelas persoas que teñen dificultades económicas para adquirir alimentos e produtos de primeira necesidade.

Así, ademais de evitar o mal uso dos excedentes, tamén se loita contra o desperdicio e favorécese o ambiente.

Un dos valores principais da Federación Española do Banco de Alimentos, son os miles de voluntarios que fan posible o funcionamento deste.

Persoas, que, sen recibir unha retribución económica con iso, dedican o seu tempo e esforzo para axudar aos demais.

Un dos eventos máis importantes desta entidade, é a Gran Recollida de Alimentos. 

 Dende o ano 2014, a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) coordina os 54 Bancos de Alimentos de España na súa actividade de promoción e difusión da campaña.

No ano 2012 foron condecorados co Premio Príncipe de Asturias á Concordia polo seu incansable labor.

O selo, reproduce unha ilustración que recorda ao logotipo da FESBAL, no que podemos ver como un paxaro prové de alimentos outras dúas aves en alusión ao traballo impagable desta organización.