Converte as túas imaxes en selos de Correos.
Dende
34,55 €
Os selos son autoadhesivos, preséntanse en pregos de papel fluorescente de tamaño DIN A4 (210 x 297 mm) e son producidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
É por iso que teñen validez tanto no ámbito nacional como internacional, sempre tendo en conta a tarifa do país de destino e o valor de franqueo:
Lembra que é imprescindible que teñas os dereitos da túa imaxe.
E que podes personalizalos como queiras ou elixir que te axudemos coa nosa galería de imaxes:
Ten en conta que a imaxe que subas debe cumprir coas especificacións sobre contidos e imaxes admisibles*. Unha vez subida, comunicarémosche por correo electrónico se a aceptamos ou devolverémosche o importe en caso de non a poder admitir.
Para pedidos superiores a un importe de 3.000 € (IVE incluído) é preciso que realices un pedido novo (utilizaremos a mesma imaxe que nos enviaches no primeiro) ou que contactes coa Subdirección de Filatelia (tusello.filatelia@correos.com).
Dende Correos garantímosche que enviaremos o teu pedido mediante un servizo postal de máxima urxencia.
Iso si, unha vez realices o pagamento, non é posible cancelar o pedido, nin solicitar a devolución do importe correspondente.
Lembra tres aspectos importantes deste servizo:
Trátase dun servizo que che permite converter as túas imaxes en selos reais de Correos.
Poderás enviar unha imaxe e deseñar o teu propio selo de forma online ou elixir unha da nosa galería. Unha vez realizado o teu pedido, recibirás no teu domicilio os teus selos personalizados.
O franqueo que se inserirá nos selos será o correspondente a unha carta ou tarjeta postal normalizada:
Todos os que queiras. O pedido mínimo é dun prego que, dependendo do modelo, contén un determinado número de selos:
Só tes que acceder á consulta dos teus pedidos pagados e solicitar máis selos identificando o envío xa formalizado.
Podes repetir o pedido e reutilizaremos a mesma imaxe ou ben contactar directamente coa Subdirección de Filatelia tusello.filatelia@correos.com
Calquera imaxe que non sexa ofensiva, que non vulnere o dereito de terceiros e que respecte as normas que protexen os dereitos fundamentais das persoas. Só se admitirán imaxes de persoas no selo con viñeta sempre que a imaxe apareza na viñeta e non no selo.
Ademais, deberás asegurarte de que contas con todos os dereitos de reprodución e de propiedade intelectual sobre a devandita imaxe, sendo responsable das lesións que puidesen producirse sobre terceiros.
En Correos reservámonos o dereito de rexeitar a imaxe por calquera motivo. Nese caso, devolverémosche o importe.
Os selos son autoadhesivos e preséntanse en pregos de papel fluorescente de tamaño DIN A4 (210 x 297 mm), e prodúceos a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.